O BNG de Lugo ratifica a Rubén Arroxo como candidato á alcaldía nas eleccións do ano vindeiro: "Temos o gran reto por diante de conseguir que en 12 meses a cidade volva ter un goberno de progreso", agora "liderado" polo Bloque, sostén. "Aspiramos á alcaldía e é o mellor momento da historia para facelo", coida quen ata a moción de censura do PP coa edil tránsfuga era o tenente da alcaldía nun goberno no que, reivindica, "conseguimos grandes transformacións". "Imos seguir traballando por e para os veciños e veciñas, desde o convencemento de que Lugo merece máis", resalta.