A Audiencia Nacional bloquea as contas bancarias de Zapatero. O xuíz Calama fixa o bloque de saltos ata os 490.780 euros, o importe que recibiu da mercantil Análisis Relevante. Foto: CC-BY-SA Goberno de Arxentina.
A Audiencia Nacional bloquea as contas bancarias de Zapatero. O xuíz Calama fixa o bloque de saltos ata os 490.780 euros, o importe que recibiu da mercantil Análisis Relevante. Foto: CC-BY-SA Goberno de Arxentina.
Nova folga este sábado en Galicia no comercio téxtil contra o convenio estatal que negocia a patronal ARTE cos sindicatos CCOO e Fetico. CIG e UGT convocan un novo paro "contra os recortes" deste acordo, aínda non ratificado. Tamén haberá mobilizacións na Coruña, Vigo, Compostela, Ferrol, Lugo e Ourense a partir das 11 da mañá. Será a sétima folga na provincia da Coruña e a terceira en todo o país nas últimas semanas.
O Tribunal Supremo anula o Rexistro Único de Vivendas Turísticas impulsado polo Ministerio de Vivenda, ao considerar que o Estado central carece de competencias para a creación deste censo, que busca limitar os efectos prexudiciais da saturación de pisos turísticos.
Falece unha nena de dous anos en Brión tras quedar esquecida durante horas no interior do coche familiar. Segundo fontes policiais e de emerxencias, o pai da menor levou o fillo maior ao colexio e esqueceu facer o propio coa pequena na escola infantil. Minutos antes das cinco da tarde, especifica o 112, chegou o aviso de Urxencias Sanitarias, que atenderon a nena e a trasladaron ao PAC de Bertamiráns (Ames) "en parada cardiorrespiratoria". A Garda Civil investiga as circunstancias duns feitos polos que o 112 activou tamén o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias "co fin de ofrecer á familia atención especializada". Na imaxe, de arquivo, unha ambulancia da área sanitaria compostelá.
O BNG de Lugo ratifica a Rubén Arroxo como candidato á alcaldía nas eleccións do ano vindeiro: "Temos o gran reto por diante de conseguir que en 12 meses a cidade volva ter un goberno de progreso", agora "liderado" polo Bloque, sostén. "Aspiramos á alcaldía e é o mellor momento da historia para facelo", coida quen ata a moción de censura do PP coa edil tránsfuga era o tenente da alcaldía nun goberno no que, reivindica, "conseguimos grandes transformacións". "Imos seguir traballando por e para os veciños e veciñas, desde o convencemento de que Lugo merece máis", resalta.
A Federación Galega de Fútbol saca á venda unha réplica da primeira camiseta da selección galega de fútbol, inspirada nos primeiros uniformes que luciu o combinado hai máis dun século. A edición é limitada e venderase só ata esgotar existencias.
Eva López Tarrío, nova directora do Centro Galego de Arte Contemporánea. A Consellería de Cultura confirma que esta doutora en Belas Artes e catedrática de Ensino Secundario é a gañadora do proceso de libre designación entre funcionariado de carreira que ergueu múltiplas críticas no sector artístico e cultural. A este procedemento, di a Xunta, concorreron "nove candidaturas" e destasca da elixida que ten "experiencia contrastada en liderado de equipos, planificación estratéxica, innovación educativa e coordinación institucional, ademais dunha ampla actividade paralela no eido artístico e curatorial" e "a súa propia obra artística". [Foto: CC BY-SA Xunta]
Altri presenta alegacións contra o arquivo do seu proxecto en Palas de Rei. A empresa alega que a planta sería "enerxeticamente autosuficiente" e que a conexión eléctrica externa da que foi privada "non constitúe un elemento esencial". Máis información, decontado en Praza.gal.
Zapatero, imputado por blanqueo de capitais no caso Plus Ultra. A Audiencia Nacional decide investigar o ex-presidente do Goberno de España nunha causa que investiga un presunto lavado de diñeiro do rescate público de 53 millóns da aeroliña. Tamén se lle imputan presuntos delitos de organización criminal, falsidade documental e tráfico de influencias. Foto: CC-BY-SA Goberno da Arxentina.
UGT advirte de que as medidas de Down Vigo para "tentar paliar un déficit orzamentario duns 200.000 euros" poñen "en risco os valores" da entidade. "Reducir as prestacións, despedimentos e externalizar servizos" xunto a unha "suba de cotas e incremento de custos por servizp", advirten nun comunciado, son "medidas puramente de mercado, erróneas na formulación e insolidarias no contido" que, coida o sindicato, "levarán á desaparición de Down Vigo e do que representa" unha "asociación referente na comarca", con "case 50 persoas traballadoras que prestan servizo a máis de 200 con discapacidade intelectual e síndrome de Down". Na imaxe, detalle da inauguración da sede da entidade na Rúa Real de Vigo, a finais de 2025.