PSdeG e BNG manterían os seus gobernos en Vigo, A Coruña, Santiago e Pontevedra e mais recuperarían o de Lugo perdido na moción de censura do PP coa tránsfuga, segundo as enquisas de Sondaxe publicadas este domingo por La Voz de Galicia. Estes inquéritos proxectan tamén a reedición da absoluta dos populares en Ferrol e a primeira posición dunha DO descendente en Ourense nun contexto xeral de subas do PP e do Bloque. Nas vindeiras municipais, o 23 de maio de 2027, Santiago e Lugo pasarán a elixir tamén corporacións de 27 edís, dous máis que ata agora, polos incrementos de poboación, e só a pontevedresa e a ferrolá continuarán con 25.