Falece unha nena de dous anos en Brión tras quedar esquecida durante horas no interior do coche familiar. Segundo fontes policiais e de emerxencias, o pai da menor levou o fillo maior ao colexio e esqueceu facer o propio coa pequena na escola infantil. Minutos antes das cinco da tarde, especifica o 112, chegou o aviso de Urxencias Sanitarias, que atenderon a nena e a trasladaron ao PAC de Bertamiráns (Ames) "en parada cardiorrespiratoria". A Garda Civil investiga as circunstancias duns feitos polos que o 112 activou tamén o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias "co fin de ofrecer á familia atención especializada". Na imaxe, de arquivo, unha ambulancia da área sanitaria compostelá.