O papa insta a que a intelixencia artificial "sirva á humanidade e non ao poder duns poucos" na súa primeira encíclica. No documento Magnifica humanitas, "sobre a custodia da persoa humana na era da intelixencia artificial", León XIV, apela á doutrina social da Igrexa e lanza alertas coma o "risco do control social derivado da recompilación masiva de datos e do uso de sistemas algorítmicos" no que considera unha "nova faceta do colonialismo, que se apropia dos datos e transforma as vidas persoais en información explotable". Entre outros aspectos, o Pontífice clama asemade contra as guerras en marcha, defende o papel da ONU e pide "superar o PIB como parámetro do grao de desenvolvemento dun país, apostando no seu lugar pola dignidade do traballo, a prosperidade compartida, a redución das desigualdades e a protección do medio ambiente". Na imaxe [© Vatican Media], o papa asinando a encíclica.
- HEMEROTECA | Palantir e a súa folla de ruta tecnofascista: vixilancia, militarización e poder duro
- HEMEROTECA | Elon Musk lánzase pola rede dixital europea sen que a UE teña regulación ou opción pública para defenderse
- HEMEROTECA | Musk, Telegram e a internacional ultra lánzanse contra Pedro Sánchez
- HEMEROTECA | "Evidencias" dende A Coruña na investigación pola violencia contra mulleres e menores na IA de Musk