Sindicatos da policía nacional, co apoio do PP local, maniféstanse contra Inés Rey tras as críticas da alcaldesa da Coruña á actuación policial en Riazor na previa do partido entre Deportivo e Andorra. A rexedora pediu "explicacións" ao Goberno de España polos controis de alcoholemia e polo dispositivo no recibimento do equipo branquiazul.