Falece o histórico sindicalista e traballador do metal Antolín Alcántara. A CIG despide con "fondo pesar" a quen "foi unha das figuras máis destacadas do sindicalismo nacionalista galego das últimas décadas e un referente humano, político e sindical para varias xeracións de militantes e traballadores e traballadoras". "Foi un compañeiro profundamente humano, solidario e comprometido con todas as causas xustas", salienta a central sindical, que informa da celebración dun acto de despedida este venres, día 29, ás 12h30 no tanatorio vigués de Pereiró. [Imaxe: CIG]