Pontón reclama á Xunta "a protección permanente de toda a vivenda protexida" e que "exerza o seu dereito" de mercar as que vaian saíndo a venda ante a perda de ata 35.000 destes pisos ata 2030. A portavoz nacional do BNG subliña que, coa normativa actual, " un promotor privado pode recibir até 40.000 euros por construír unha vivenda protexida que en 15 anos pode estar no mercado libre a prezos imposibles para a maioría da cidadanía". Reclamouno dende o barrio compostelán de Salgueiriños -na imaxe-, ante as que, destaca, foron "as últimas vivendas de protección pública entregadas hai xa 16 anos" pola Xunta na cidade, "54 pisos que, ademais, foron impulsados polo BNG cando tivo a responsabilidade de goberno na Consellería de Vivenda".
- DATOS | Galicia perderá 35.000 vivendas protexidas ata 2030, máis da metade das construídas dende o fraguismo
- HEMEROTECA | O lastre da 'era Feijóo' limita o impacto das 4.000 vivendas públicas que proxecta a Xunta
- HEMEROTECA | "Resposta pública inexistente": o BNG presenta a diagnose para guiar as súas políticas de vivenda