A automobilística SAIC confirma a súa petición para instalarse en Ferrol e nas Pontes. O Consello da Xunta aproba a iniciativa como proxecto industrial estratéxico. Na imaxe, un dos modelos da marca MG, que produce SAIC [©SAIC]
A automobilística SAIC confirma a súa petición para instalarse en Ferrol e nas Pontes. O Consello da Xunta aproba a iniciativa como proxecto industrial estratéxico. Na imaxe, un dos modelos da marca MG, que produce SAIC [©SAIC]
O ex-conselleiro Alfonso Villares é nomeado delegado da Xunta en Lugo tras o arquivo da denuncia por acoso sexual. A decisión vén de facela pública o presidente Rueda tras o Consello da Xunta deste luns, que tamén aprobou outros varios cambios nos segundos niveis do Goberno galego.
A Xunta nomea novo xerente do Sergas ao oncólogo Luis León Mateos en substitución de José Ramón Parada, no cargo desde hai dous anos. [Na imaxe, Luis León co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, nun acto da Asociación contra o Cancro en Boiro, o pasado abril]
As seleccións de fútbol sala regresan dun duplo enfrontamento con Catalunya en Lugo. Os vindeiros 3 e 4 de xullo o Pavillón Municipal de Lugo acollerá senllos partidos Galicia-Catalunya masculinos e femininos no marco do convenio asinado entre as federacións galega e catalá, que contemplaba tamén os encontros xa disputados en 2024 en Santa Coloma de Gramenet. Ata a sinatura deste acordo con Catalunya, a selección masculina de fútbol sala non xogara dende 2008 (fronte ao Uruguai en Ferrol) e a feminina, dende 2017 (tamén contra Catalunya, en Santiago) Imaxe: [© FGF]
Feijóo recupera a petición de que Junts e PNV o voten como presidente do Goberno de España nunha moción de censura na que tamén sería imprescindible Vox. Ofrece "decencia e eleccións", afirma o ex-titular da Xunta, que tras a celebración deses eventuais comicios que, promete, serían "inmediatos", continuaría como presidente en funcións ata a consecución dunha investidura. Afirmouno nunha entrevista en TeleCinco.
Milleiros de persoas ateigan as rúas da Coruña para celebrar o ascenso do Dépor á Primeira División. Dende a mañá houbo concertos nos arredores de Riazor (The Rapants, 9Louro, Lg1do...) e unha marea de afeccionados percorreu unida o traxecto entre o Campo da Leña e o estadio para finalmente recibir o autobús do equipo. Ás 18.30 o Depor recibe ao Las Palmas e ao remate a celebración trasladarase á fonte de Catro Camiños, onde os xogadores chegarán nun autobús. Imaxes: @RCDeportivo
Unha gran manifestación percorreu as rúas de Vigo coincidindo co Desfile das Forzas Armadas presidido polo rei Felipe VI. Convocada pola Plataforma Galiza pola Paz, a marcha denunciou o incremento do gasto militar e participación directa ou indirecta en conflitos bélicos.
Detido en Portugal o ex-deputado autonómico e ex-secretario de Organización do PSOE coruñés, Emilio Vázquez, nunha trama de corrupción do PS. Segundo o medio luso Observador, o ex-parlamentario é un dos catro detidos, acusado de presuntamente ser cómplice dun ex-asesor do ex-primeiro ministro António Costa na suposta manipulación de contratos públicos. Foto: CC-BY-SA PSOE A Coruña.
A folga no comercio de alimentación na provincia da Coruña obriga ao peche de numerosos supermercados. Centos de traballadoras e traballadores reclaman en varias mobilizacións un convenio digno e a mellora das condicións laborais e salariais. CIG, UGT, CCOO e USO, convocantes do paro, cifran o seguimento no 85% e denuncian "manobras de coacción" por parte dalgunha cadea de supermercados.
O Tribunal Supremo avala a legalidade do parque eólico Bustelo, no que o TSXG vía fragmentación ilegal co parque Campelo. O alto tribunal xa se pronunciara hai un ano avalando o outro parque e agora ratifica a súa doutrina sobre esa cuestión así como sobre os tamén cuestionados prazos de tramitación por parte da Xunta, ratificados tamén pola xustiza europea.