Rueda reafirma ante o presidente catalán e o lehendakari a súa negativa a negociar bilateralmente co Estado o financiamento de Galicia e non acudirá á cita convocada polo Ministerio de Facenda. "O que é de todos decídese entre todos", esgrimiu o titular da Xunta nun diálogo cos seus homólogos de Catalunya e Euskadi, Salvador Illa e Imanol Pradales, organizado polo Cercle d'Economia no marco da súa reunión anual, na que Rueda tamén resaltou que se sente "orgullosamente español e orgullosamente galego" e "se me desen a elixir non sabería que dicir".
- HEMEROTECA | A reforma do financiamento mellora a achega a Galicia, pero por baixo da media
- HEMEROTECA | Rueda alega que Galicia "non necesita" que o Estado lle pague 1 de cada 3 euros da débeda
- HEMEROTECA | Contas pide actualizar o financiamento autonómico caducado en 2014 e máis transparencia da Xunta nas rebaixas de impostos