‼️ Non nos deas por suposto
🤗 Moitas informacións de Praza nunca existirían sen a comunidade de socias e socios
🤝 Faite de Praza
↪️ Ata o 80% da túa achega anual devólvencho coa declaración da renda
🔗 Por exemplo: achegas 10€/mes e gastas 2€/mes
‼️ Non nos deas por suposto
🤗 Moitas informacións de Praza nunca existirían sen a comunidade de socias e socios
🤝 Faite de Praza
↪️ Ata o 80% da túa achega anual devólvencho coa declaración da renda
🔗 Por exemplo: achegas 10€/mes e gastas 2€/mes
Portugal vive este mércores unha xornada de folga xeral contra a reforma laboral aprobada en maio polo goberno de Luís Montenegro. O paro é convocado polo principal sindicato do país, CGTP-IN, pero non pola UGT, e afecta principalmente os transportes, a educación e o ensino. As protestas denuncian a flexibilización do despido, a desregulación horaria, a precarización ou recortes na conciliación. Foto: CGTP-IN.
Rueda reafirma ante o presidente catalán e o lehendakari a súa negativa a negociar bilateralmente co Estado o financiamento de Galicia e non acudirá á cita convocada polo Ministerio de Facenda. "O que é de todos decídese entre todos", esgrimiu o titular da Xunta nun diálogo cos seus homólogos de Catalunya e Euskadi, Salvador Illa e Imanol Pradales, organizado polo Cercle d'Economia no marco da súa reunión anual, na que Rueda tamén resaltou que se sente "orgullosamente español e orgullosamente galego" e "se me desen a elixir non sabería que dicir".
O Sergas lanza unha campaña para "concienciar" sobre "acudir a urxencias só cando é necesario" ou "anular unha cita á que non podes acudir" para potenciar o "uso responsable do sistema sanitario". O conselleiro Gómez Caamaño sinala que a iniciativa, baixo o lema Protexamos o que nos protexe, atende a indicadores como un 3,2% de ausencias en citas de Atención Primaria en 2024 ou un 5,69% en consultas hospitalarias e pretende "preservar e engrandecer a sanidade pública galega". Será divulgada dende este mércores nalgúns medios de comunicación e nas redes sociais.
Fronte á represión, educación. As asembleas de profesorado, que continúan cos seus #martes de loit@, solidarízanse cos docentes do País Valenciá.
[Foto IES Val Miñor. Ilustración de @luisoarte]
A artista portuguesa Carolina Deslandes, cabeza de cartel da terceira edición do festival Aquí Tamén Se Fala, que se celebra o vindeiro venres 12 de xuño na Coruña. De Ninghures, Apolo 18 e Kid Mount completan o cartel do certame impulsado polo IES Rafael Dieste.
O festival Surfing The Lérez de Pontevedra anuncia que a edición 2026, que se celebra os días 12 e 13 de xuño na Illa do Covo, será a derradeira, despois de case 15 anos de traxectoria. Os seus responsables subliñan a dificultade de manter un festival de entrada gratuíta ante o incremento dos custos nos últimos anos para este tipo de eventos e a falta de apoio institucional, sinalando neste caso o Xacobeo. O derradeiro Surfing The Lérez será unha vez máis unha "romaría" que apostará pola música galega con bandas como The Rapants, Grande Amore, Familia Caamagno, 9Louro, Portosanto ou Galician Army, ademais de Camellos, Colectivo da Silva, Cora Yako, Limboos, Mad Foxes ou Freedonia.
A automobilística SAIC confirma a súa petición para instalarse en Ferrol e nas Pontes. O Consello da Xunta aproba a iniciativa como proxecto industrial estratéxico. Na imaxe, un dos modelos da marca MG, que produce SAIC [©SAIC]
O ex-conselleiro Alfonso Villares é nomeado delegado da Xunta en Lugo tras o arquivo da denuncia por acoso sexual. A decisión vén de facela pública o presidente Rueda tras o Consello da Xunta deste luns, que tamén aprobou outros varios cambios nos segundos niveis do Goberno galego.
A Xunta nomea novo xerente do Sergas ao oncólogo Luis León Mateos en substitución de José Ramón Parada, no cargo desde hai dous anos. [Na imaxe, Luis León co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, nun acto da Asociación contra o Cancro en Boiro, o pasado abril]