A folga do metal na provincia da Coruña paraliza boa parte da actividade nos polígonos industriais e en grandes empresas do sector. O paro, que se estenderá ata o xoves, foi convocado por CIG, CCOO e UGT, que reclaman un convenio digno para os 18.000 traballadores e traballadoras afectadas e denuncian o bloqueo da negociación por parte da patronal. Foto: CC-BY-SA CCOO Galicia