Dependentas do téxtil trasladan a súa acampada reivindicativa ás portas da sede da patronal galega en Compostela para reclamarlle un acordo que blinde os convenios provinciais tras a sinatura do convenio estatal. Traballadoras moven o campamento da Coruña a Santiago, onde protestan ante a CEG e denuncian o "recorte de dereitos" que supón o novo marco laboral para todo o Estado.