Desaloxado o campamento de dependentas do téxtil ante a sede da patronal galega en Santiago. O persoal, que trasladou a acampada reivindicativa desde A Coruña, reclama un acordo galego que blinde os convenios provinciais ante os "recortes de dereitos" do convenio estatal de ARTE. O presidente da patronal, Juan Vieites, criticou as protestas por "exceder os límites, tanto na Coruña como en Compostela". Foto: CC-BY-NC-SA CIG.