O popular Fernández Mañueco, reelixido presidente de Castilla y León á fronte dun bipartito con Vox. O pacto, na liña dos xa asinados pola formación de Feijóo noutros territorios, outorga a Vox unha vicepresidencia e tres consellerías e contempla diversas promesas contra as persoas migrantes como a discriminación no acceso a servizos públicos, entre outras. [Imaxe: © Cortes de Castilla y León]