Un buque portavehículos de SAIC chegará en xullo ao porto exterior de Ferrol para testar o peirao de cara á futura planta que o grupo chinés prevé en Caneliñas. O Anji Forever, da súa filial loxística, ten 228 metros de eslora e 38 de manga e porta bandeira de Liberia e navega nesta altura polo perto do estreito de Malaca, en Malaisia. Foto: MG.