Xoel López comporá o novo himno do Deportivo e anuncia un tema "coral" e con "moitas colaboracións" vencelladas á música tradicional e á cultura popular.
A obra, enmarcada nos actos do 120º aniversario do club, pretende "representar a identidade do Deportivo desde unha ollada contemporánea, respectando profundamente a historia, os símbolos e os valores que o acompañarone a súa afección ao longo de xeracións", segundo indica a entidade.