Festa rachada en Burela polo empate 0-0 de Cabo Verde ante España no comezo do Mundial de fútbol. O histórico encontro foi seguido na vila mariñá na rúa e con ambiente de celebración no marco do festival De Cabo a Cabo, impulsado polo Concello e a Deputación de Lugo para "reivindicar a multiculturalidade" do concello, onde arredor da décima parte da veciñanza ten orixes caboverdianas. Na imaxe, afección de ambos conxuntos seguindo o partido e a alcaldesa e presidenta da Deputación, Carmela López, durante a celebración. [CC BY SA Praza.gal / Deputación de Lugo]