Zapatero, tras comparecer ante o xuíz: "Acúsanme de moi graves delitos que non cometín". O ex-presidente do Goberno de España finaliza a súa primeira declaración como investigado ante o xuíz Calama da Audiencia Nacional e fai público un comunicado no que sostén que "sempre" actuou "con decencia e honradez" e "agora teño por diante a tarefa de demostralo". Pide tamén "confianza" á cidadanía porque non vai "decepcionar" e explica que presentou voluntariamente "unha autorización universal para que poida constatarse a inexistencia de sociedades, cartos, produtos financeiros ou calquera activo con titularidade miña directa ou indirectamente", porque "non teño nada fóra de España".
- AMPLIAMOS 👉 Zapatero nega que influíse no rescate de Plus Ultra e defende a súa inocencia: "Non teño nada fóra de España"
- HEMEROTECA | Os retos do caso contra Zapatero: probar xestións coa SEPI, Facenda ou o Goberno para Plus Ultra
- HEMEROTECA | O xuíz acusa a Zapatero de ser xefe na sombra dunha rede empresarial corrupta