Deseño de Sargadelos para o casco do campión do mundo de MotoGP. Álex Márquez lucirá un casco especial para conmemorar o 120º aniversario de Estrella Galicia no gran premio da República Checa que comeza hoxe.
Deseño de Sargadelos para o casco do campión do mundo de MotoGP. Álex Márquez lucirá un casco especial para conmemorar o 120º aniversario de Estrella Galicia no gran premio da República Checa que comeza hoxe.
O BOE publica o inicio do proceso para declarar o Vello Cárcere de Lugo como Lugar de Memoria Democrática. Aberto en 1887, supuxo "un avance significativo" nos tratamentos penitenciarios, pero en 1936 virou "nun dos principais espazos de represión política en Galicia".
O xuíz Calama da Audiencia Nacional cita como investigadas as fillas de Zapatero e mais á secretaria do ex-presidente do Goberno de España. A petición da Fiscalía Anticorrupción, o maxistrado argumenta que considera a empresa de Alba e Laura Rodríguez como posible parte dunha trama de influencias e cobros irregulares en cuxa cúspide sitúa o antigo líder socialista, que na súa primeira declaración, este mércores, negou as imputacións
Detido en Ponte Caldelas o home de 43 anos que agrediu a súa ex-parella e secuestrou o seu bebé, escapando ao monte, aínda que o pequeno foi atopado pouco despois en bo estado. Sobre o agresor, que estivo día e medio fugado, constaba xa unha orde de busca e detención por un caso previo.
Oitava xornada de folga no metal da provincia da Coruña, cun "éxito absoluto" de participación segundo os sindicatos, que destacan que os polígonos industriais "volveron parar" en loita por un "convenio digno e xusto". A patronal solicitou unha mediación do AGA (Acordo Interprofesional Galego). Foto: CC-BY-SA CCOO Galicia.
Zapatero, tras comparecer ante o xuíz: "Acúsanme de moi graves delitos que non cometín". O ex-presidente do Goberno de España finaliza a súa primeira declaración como investigado ante o xuíz Calama da Audiencia Nacional e fai público un comunicado no que sostén que "sempre" actuou "con decencia e honradez" e "agora teño por diante a tarefa de demostralo". Pide tamén "confianza" á cidadanía porque non vai "decepcionar" e explica que presentou voluntariamente "unha autorización universal para que poida constatarse a inexistencia de sociedades, cartos, produtos financeiros ou calquera activo con titularidade miña directa ou indirectamente", porque "non teño nada fóra de España".
O xuíz Calama da Audiencia Nacional interroga este mércores a Zapatero como investigado por tráfico de influencias e branqueo de capitais no caso Plus Ultra, operación a partir da cal abriu outra peza separada por fraude fiscal e contrabando a conta das xoias achadas nun rexistro na oficina do ex-presidente socialista do Goberno de España, que tamén será cuestionado ao respecto. O maxistrado reserva as xornadas de hoxe e mañá para a toma desta declaración, cuxo impacto político transcende a propia figura do antigo dirixente.
Sétima xornada de folga no metal da Coruña contra o "secuestro patronal do convenio". Os sindicatos falan dun seguimento "masivo" e advirten da "intensificación" das mobilizacións polo bloqueo da negociación por parte do empresariado. O paro, convocado por CIG, CCOO e UGT, continuará este martes 17 de xuño. Foto: CC-BY-NC-SA CIG.
Un disparo da Policía mata un veciño de Cambados ao irromper na súa casa nunha operación contra o narcotráfico. O hospital do Salnés confirmou o falecemento do home, cuxo avogado asegura que o acontecido non foi un tiroteo, xa que o seu cliente carecía de armas, polo que o único disparo foi o policial. A Garda Civil investiga como homicidio uns feitos acontecidos durante unha operación lanzada polos xulgados de Vilagarcía na que, segundo confirma o TSXG, foron detidas 12 persoas. Na imaxe, de arquivo, un vehículo da Policía Nacional.
Festa rachada en Burela polo empate 0-0 de Cabo Verde ante España no comezo do Mundial de fútbol. O histórico encontro foi seguido na vila mariñá na rúa e con ambiente de celebración no marco do festival De Cabo a Cabo, impulsado polo Concello e a Deputación de Lugo para "reivindicar a multiculturalidade" do concello, onde arredor da décima parte da veciñanza ten orixes caboverdianas. Na imaxe, afección de ambos conxuntos seguindo o partido e a alcaldesa e presidenta da Deputación, Carmela López, durante a celebración. [CC BY SA Praza.gal / Deputación de Lugo]