O Concello da Coruña nomea fillo adoptivo da cidade a Arsenio Iglesias, a quen dedicará unha rúa. A cidade deportiva da Torre tamén levará o nome do ex-adestrador e ex-xogador do Deportivo.
Fálase
Vinte libros para os últimos vinte anos. Vinte mulleres e vinte homes seleccionan os vinte mellores títulos da ficción literaria última escrita en galego. Por María Yáñez e Berta Dávila en VINTE
O Supremo mantén a decisión da Xunta Electoral Central de inhabilitar a Torra como deputado. A decisión engade incerteza sobre o futuro do president, que agora queda en mans do Parlament.
Galicia acollerá o vindeiro Campionato de Europa de fútbol gaélico. Será en Pontevedra entre o 17 e o 19 de xullo de 2020 e nel a selección galega feminina intentará revalidar o título de campioa acadado en 2018 en Lorient, onde o combinado masculino obtivo o segundo posto. Este deporte deulle a Galicia a súa primeira selección deportiva oficial e internacional.
O pleno do Concello da Coruña aproba inicialmente os Orzamentos de 2020 cos votos a prol do PSdeG, Marea Atlántica, BNG e C's. O PP votou en contra. As primeiras contas públicas do goberno local que encabeza Inés Rey teñen como base os acordos asinados polo Grupo Socialista coa Marea e o Bloque. (Imaxe: Concello da Coruña)
A Xunta e o Ministerio de Agricultura acordan levantar a prohibición de plantar pataca en nove concellos que estaban afectados pola couza: Ares, Mugardos, Cabanas, Fene, Ferrol, A Capela, As Pontes, Ourol e Abadín. O Goberno galego anunciou en decembro que ía realizar a petición, despois de dous anos sen detectarse neste lugares a presenza do insecto. 25 concellos están aínda afectados pola praga.
O Supremo rexeita dar permiso a Junqueras para que tome posesión como eurodeputado. A Sala do Penal mantén na cadea o líder de ERC malia que o Parlamento Europeo o recoñece como un dos seus membros tras o fallo do Tribunal da UE que estableceu que era inmune desde a proclamación dos resultados das eleccións europeas. Ao tempo, a Sala do Contencioso do mesmo Supremo rexeitou suspender cautelarmente a decisión da Xunta Electoral Central de non darlle a credencial de eurodeputado.
O Supremo mantén a decisión da Xunta Electoral Central de inhabilitar a Junqueras e non recoñecelo como eurodeputado. O alto tribunal rexeita por unanimidade a suspensión do acordo da XEC solicitada polo líder de ERC. O Parlamento Europeo, non obstante, si o recoñeceu como un dos seus membros.
Moncloa ratifica que a galega Yolanda Díaz será ministra de Traballo e certifica o resto de departamentos que encabezará Unidas Podemos, segundo puido confirmar Praza.gal. Consulta aquí toda a información
USC, Xunta, Concello de Santiago, Ateneo e o Consello da Cultura Galega preparan unha ampla programación de actividades co gallo do bicentenario do nacemento de Concepción Arenal, que se celebrará o vindeiro 31 de xaneiro. Unha exposición, un congreso, concertos e publicacións homenaxearán a xornalista, nacida en Ferrol e que está soterrada en Vigo. "As persoas incómodas, como Concepción Arenal, acaban sendo notas ao pé nos libros de Historia, máis se son mulleres", destacaba Encarna Otero nesta entrevista