Moncloa ratifica que a galega Yolanda Díaz será ministra de Traballo e certifica o resto de departamentos que encabezará Unidas Podemos, segundo puido confirmar Praza.gal. Consulta aquí toda a información
Fálase
USC, Xunta, Concello de Santiago, Ateneo e o Consello da Cultura Galega preparan unha ampla programación de actividades co gallo do bicentenario do nacemento de Concepción Arenal, que se celebrará o vindeiro 31 de xaneiro. Unha exposición, un congreso, concertos e publicacións homenaxearán a xornalista, nacida en Ferrol e que está soterrada en Vigo. "As persoas incómodas, como Concepción Arenal, acaban sendo notas ao pé nos libros de Historia, máis se son mulleres", destacaba Encarna Otero nesta entrevista
PSOE e Unidas Podemos asinan un protocolo de funcionamento interno do Goberno de coalición, que inclúe dúas comisións para solventar "as discrepancias que poidan xurdir". Podes consultar o documento íntegro nesta ligazón.
A Audiencia confirma a inhabilitación do alcalde de Cerceda durante oito anos por prevaricar, tras rexeitar o recurso de apelación interposto polo rexedor e o arquitecto técnico municipal, que foron condenados por iniciar unha obra antes de adxudicala.
Máis do 75% do persoal de Extel secunda a folga contra os "despedimentos por enfermar". O sector do telemárketing sofre xa en Galicia os despidos por baixa médica que avalou o Constitucional. A empresa con sede na Coruña foi das máis afectadas e foi baleirada por outra folga hai un mes. Foto: CIG.
Pedro Sánchez promete o cargo de presidente do Goberno central ante o rei e sobre a Constitución, pero sen crucifixo nin Biblia, elementos que en Galicia foron aparecendo e desaparecendo nos últimos anos en diversas tomas de posesión.
O Tribunal Superior declara improcedente o despido dunha dirixente de UXT no ERE que “liquidou rivais internos”. O TSXG xa ratificara que a regulación de emprego vulnerara os dereitos fundamentais da presidenta da Asociación Galega de Mariscadores (Agamar), dependente de UXT, e agora condena ao sindicato a indemnizala por despido improcedente. A causa xudicial orixinal desvelara tamén pagos en B e contratos temporais durante unha década.
Oriol Junqueras, elixido vicepresidente do grupo dos Verdes na Eurocámara e presidente de ALE, onde se inclúe a europarlamentaria Ana Miranda.
Fran Núñez Alonso será o novo director do Centro Dramático Galego. É o primeiro graduado da ESAD en facelo e a persoa máis nova na historia do CDG. Núñez Alonso substitúe a Fefa Noia, que abandonou o cargo esta primavera. O Centro Dramático Galego viviu varias polémicas nos últimos tempos, coma a derivada do decreto que regulará o funcionamento da institución.
Nestes momentos comeza a sesión de investidura, na que Pedro Sánchez necesita manter a maioría simple acadada o domingo. A votación terá lugar antes do mediodía. Podes seguila aquí en directo