Pedro Sánchez promete o cargo de presidente do Goberno central ante o rei e sobre a Constitución, pero sen crucifixo nin Biblia, elementos que en Galicia foron aparecendo e desaparecendo nos últimos anos en diversas tomas de posesión.
Fálase
O Tribunal Superior declara improcedente o despido dunha dirixente de UXT no ERE que “liquidou rivais internos”. O TSXG xa ratificara que a regulación de emprego vulnerara os dereitos fundamentais da presidenta da Asociación Galega de Mariscadores (Agamar), dependente de UXT, e agora condena ao sindicato a indemnizala por despido improcedente. A causa xudicial orixinal desvelara tamén pagos en B e contratos temporais durante unha década.
Oriol Junqueras, elixido vicepresidente do grupo dos Verdes na Eurocámara e presidente de ALE, onde se inclúe a europarlamentaria Ana Miranda.
Fran Núñez Alonso será o novo director do Centro Dramático Galego. É o primeiro graduado da ESAD en facelo e a persoa máis nova na historia do CDG. Núñez Alonso substitúe a Fefa Noia, que abandonou o cargo esta primavera. O Centro Dramático Galego viviu varias polémicas nos últimos tempos, coma a derivada do decreto que regulará o funcionamento da institución.
Nestes momentos comeza a sesión de investidura, na que Pedro Sánchez necesita manter a maioría simple acadada o domingo. A votación terá lugar antes do mediodía. Podes seguila aquí en directo
Os transportistas afectados polo peche da central térmica de Endesa retoman o peche no Concello das Pontes para reclamar unha "transición enerxética xusta" logo de que a empresa confirmase a súa intención de desmantelar a instalación en 18 meses.
O Parlamento Europeo recoñece como eurodiputado a Oriol Junqueras fronte á resolución contraria da Xunta Electoral Central. A Eurocámara informa de que na sesión ordinaria do vindeiro 13 de xaneiro espera que tomen posesión do seu escano Junqueras, Puigdemont e Comín. O Tribunal Supremo debe aínda decidir sobre a resolución da XEC
O Gordo do Sorteo do Neno (57342) cae nunha vintena de localidades, entre elas Taragoña (Rianxo), cuxa administración repartiu uns dous millóns de euros do premio. Unha parte do segundo (21816) vendeuse así mesmo en Nigrán
Irán anuncia que, en resposta ao asasinato do xeneral Qasem Solemaini, xa non cumprirá cos límites do acordo nuclear de 2015, eliminando así as restricións sobre a produción e enriquecemento de uranio. Teherán esixe que Estados Unidos levante as sancións impostas na súa contra. Asi mesmo, o Parlamento de Irak pide que as tropas estadounidenses e doutros países abandonen definitivamente o seu territorio.
O sociólogo Manuel Castells será ministro de Universidades e o líder de IU Alberto Garzón ocupará a carteira de Consumo, con competencias sobre o xogo e as casas de apostas. Os seus nomes únense aos dos restantes integrantes da parte do Goberno propostos por Unidos Podemos: Pablo Iglesias (vicepresidente de Asuntos Sociais), Irene Montero (ministra de Igualdade) e Yolanda Díaz (ministra de Traballo). O PSOE aínda non anunciou todos os seus ministros ou ministras, pero xa é seguro que continuarán Carmen Calvo, Nadia Calviño, José Luis Ábalos, Fernando Grande-Marlaska, María Jesús Montero ou Teresa Ribera.