En Lugo comezou o pintado das zonas de xogo na rúa da iniciativa 'Tecendo Brincadeiras'. Nos vindeiros días habilitaranse 60 puntos de xogo repartidos en 6 zonas distintas da cidade
Fálase
A crise do coronavirus elevará o déficit do Estado español ao 10,34% do PIB en 2020 e a débeda pública ao 115,5%, segundo as previsións das que deu conta este venres a ministra de Facenda, Maria Jesús Montero. A taxa de paro chegará ao 19% e a economía caerá un 9,2%. Pola contra, prevese un incremento do PIB do 6,8% en 2021.
O BOE publica a orde ministerial que desenvolve as condicións nas que se poderá saír á rúa a partir deste sábado. O documento confirma os horarios e detalles apuntados polo ministro de Sanidade para uns paseos (no radio dun quilómetro ao redor das vivendas) que non terán límite de tempo dentro das franxas horarias indicadas e que non se aplicarán nos concellos de menos de 5.000 habitantes. Está prohibido coller vehículos de motor ou empregar o transporte público para desprazarse a outros lugares a facer deporte
O Tribunal Constitucional tomba o recurso presentado pola CUT contra a sentenza do TSXG que reafirmaba a prohibición da manifestación convocada polo sindicato para este 1º de maio en Vigo, consistente nunha caravana de coches. O TC sinala que "a relación entre o dereito á vida e o de reunión esixe unha ponderación pola que, ante a falta das garantías de seguridade nunha situación de máximo contaxio, debe primar o primeiro dereito".
A Xunta prevé declarar loito oficial en Galicia durante todo o mes de maio para "honrar" as persoas falecidas polo coronavirus, segundo vén de anunciar Alberto Núñez Feijóo tras a reunión semanal do Consello.
O INE estima unha caída do 4,1% intertrimestral do produto interior bruto (PIB) do Estado a causa do coronavirus e un devalo do 5,2% en termos interanuais da economía española no primeiro trimestre afectado pola pandemia. A oficina estatística advirte de que a situación xerada pola COVID-19 condiciona fortemente todos estes cálculos.
O conselleiro de Facenda anuncia no Parlamento que a Xunta decidiu “non realizar probas nos procesos de selección de persoal ata o 1 de outubro”, medida que di que afecta a “45.000 aspirantes”. Ampliamos a información neste espazo
A Xunta amplía polo coronavirus ata o 16 de xullo o prazo para traballos de prevención de incendios forestais e outorgará permisos excepcionais para queimas en explotacións profesionais previa solicitude.
O TSXG prohíbe a manifestación convocada pola CUT para o vindeiro 1 de maio, na que o sindicato chamaba á conformación dunha caravana de coches. O tribunal, que sinala que existe "un evidente perigo para a saúde pública", lembra que só se permite a circulación de automóbiles para a realización de determinadas actividades. Ademais, subliña que o estado de alarma autoriza a restrición ao dereito de manifestación.
Publicados os modelos dos exames da selectividade para Galicia, adaptados ás mudanzas no número de preguntas e opcións por mor do coronavirus. Pódense consultar xa no sitio web da Comisión Interuniversitaria de Galicia. A selectividade, adiada a causa da pandemia, está fixada agora do 7 ao 9 de xullo.