O Deportivo da Coruña gaña 4-3 o segundo partido da súa historia en Primeira ante o Betis Féminas e mantense no máis alto da clasificación da Liga. (Imaxe: RC Deportivo)
Fálase
Anxos Fazáns presenta o primeiro filme X en galego da man de Erika Lust. A directora fala en Vinte de Analóxica, a súa última película. “É importante facer contido erótico que fale da realidade diversa que vivimos”, di.
A Xunta inicia o trámite para celebrar o derradeiro debate de política xeral da lexislatura no Parlamento "neste mes de setembro". A solicitude xa foi rexistrada na Cámara. O anterior debate de política xeral celebrouse en outubro do pasado 2018.
Unha de cada catro vítimas da trata de persoas na UE son menores de idade. É unha das conclusións dun informe da oficina da Comisión Europea contra a trata que debulla eldiario.es
A Consellería de Medio Ambiente erixe Sanxenxo en "bo exemplo de municipio turístico sostible" e convida outros municipios galegos a imitalo. Na súa visita á vila a conselleira Ángeles Vázquez volveu ligar as bandeiras azuis das praias á protección do medio ambiente malia que a entidade que as concede admite que poden prexudicalo.
O ex-líder do PP en Santiago e ex-conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, toma posesión como presidente do Consello Económico e Social. Substitúe no posto a Corina Porro, que foi nomeada delegada da Xunta en Vigo tras ser situada á fronte da xestora do PP nesa cidade. Hernández asegura que apostará pola "independencia" do CES (Imaxe: Ana Varela/Xunta)
Regresa Fariña, agora como obra de teatro. Xosé Antonio Touriñán e Nacho Carretero impulsan esta produción, que se estrea o 25 de outubro no Teatro Colón da Coruña e que e despois xirará por auditorios de todo o país. Con texto de José Prieto e dirección de Tito Asorey, a obra está protagonizada por María Vázquez, Marcos Pereiro, Sergio Zearreta, Cristina Iglesias e o propio Touriñán. Toda a información, en Vinte.
O persoal de Alcoa San Cibrao acorda un calendario de protestas "para evitar o peche da fábrica". Incluirá concentracións semanais, marchas, manifestacións, unha mobilización en Madrid e xestións en busca de apoios institucionais
O PP bota man de Rosa Díez para impulsar o seu proxecto de confluencia de dereitas 'España Suma', que Feijóo eloxia para "fóra de Galicia". A ex-líder de UPyD e antiga dirixente do PSOE foi gabada por Pablo Casado, que di botar "de menos" a súa presenza no Congreso.
Sánchez rexeita a proposta de Iglesias de formar unha coalición a proba ata ter Orzamentos. O presidente do Goberno central insiste en que non se dan "as bases mínimas de confianza".