Alfonso Rueda convoca para esta tarde (18h) unha reunión do Comité Executivo do PPdeG cunha intervención aberta aos medios de comunicación na que, previsiblemente, se pronunciará sobre o adianto das eleccións xerais e unha eventual coincidencia coas eleccións galegas. Para adiantar aos comicios ao Parlamento, o presidente da Xunta tería que convocar un Consello extraordinario da Xunta e aprobar a decisión, en todo caso, antes da vindeira medianoite.
Fálase
28M | José Tomé reitera a súa "total tranquilidade" co mantemento da Deputación de Lugo para PSdeG e BNG. O actual presidente da institución e previsible aspirante a revalidar mandato subliña que a tensión do reconto se debeu a que "faltaban por engadir datos do Partido Socialista que se transmitiran mal", razón pola cal tamén o sitio web de resultados provisionais do Ministerio do Interior reflectiu unha maioría absoluta do PP. "Temos maioría absoluta o PSdeG e o BNG" e "estamos moi satisfeitos", sinala o tamén alcalde de Monforte, quen coida que os recontos definitivos na Xunta Electoral "non van modificar nada" no que ao xogo de maiorías se refire.
28M | Pedro Sánchez adianta as eleccións xerais para o 23 de xullo tras a forte perda de poder territorial do PSOE o 28M. Se Alfonso Rueda quixese adiantar as eleccións galegas para facelas cadrar coas xerais tería que tomar a decisión este mesmo luns para cumprir cos prazos legais da convocatoria.
28M | No conxunto do Estado o 28M estivo marcado polo triunfo da dereita, que pode lograr boa parte do poder territorial que estaba en xogo tanto en moitos dos principais concellos como en autonomías que renovaban os seus parlamentos. O PP de Feijóo precisará coalicións coa extrema dereita de Vox en varios destes territorios. Máis información en infoLibre [Imaxe: © PP]
Deportivo-Castellón e Celta B-Eldense serán as eliminatorias dos equipos galegos para ascender a Segunda División tras lograr este sábado o Racing de Ferrol o ascenso directo.
Chuvascos localmente fortes na maior parte de Galicia durante a xornada electoral, segundo a previsión de Meteogalicia.
O Racing de Ferrol gaña 2-0 ao Celta B e volve a Segunda División quince anos despois ao proclamarse campión de Primeira Federación na última xornada de liga. Deportivo e Celta B xogarán as eliminatorias de ascenso ao quedaren entre os cinco primeiros do Grupo 1 da mesma categoría.
Justo Beramendi recibiu este sábado a insignia de ouro do Museo do Pobo Galego, que dirixiu durante unha década.
Luz Casal, galardón honorífico nos 10º Premios Martín Códax da Música. A artista de Boimorto recibirá o recoñecemento das músicas e músicos galegos na gala de entrega dos galardóns o vindeiro 7 de xuño en Pontevedra.
Talgo anuncia que os seus trens Avril, que Renfe empregará na liña entre Galicia e a Meseta, entre outras, "poderán circular en servizo comercial en novembro". A empresa demorou as datas de entrega previstas polo proceso de homologación e certificación da seguridade dos trens.