O PP de Rey Varela fracasa no seu asalto á alcaldía de Ferrol, que gobernará Ángel Mato
PSdeG-PSOE, Ferrol en Común e BNG suman maioría absoluta, da que o PP queda a un edil, a pesar de medrar un concelleiro, que perde Ciudadanos.
PSdeG-PSOE, Ferrol en Común e BNG suman maioría absoluta, da que o PP queda a un edil, a pesar de medrar un concelleiro, que perde Ciudadanos.
Os traballadores manifestáronse este xoves pola tarde entre a factoría e a Delegación da Xunta en Ferrol, reclamando solucións que aseguren o mantemento dos postos de traballo. Esta semana o xulgado do mercantil paralizou temporalmente o Expediente de Regulación de Empego presentado pola compañía
O evento, organizado polo Centro de Formación e Recursos Ferrol, serviu para celebrar o Día das Letras. Os rapaces e rapazas procedían de 22 centros de ensino de Ferrolterra e bailaron ao son de A Banda das Crechas. "Queremos animar a todo o profesorado a que leve o baile tradicional á práctica diaria nas aulas", din.
Di que catro anos de goberno cheos de obstáculos o fixeron "máis forte e máis valente a forza de paus". Falamos con Jorge Suárez sobre os seu mandato, as súas expectativas para o 26M e os retos inmediatos do Concello de Ferrol.
Non volverá haber mandato municipal tranquilo en Ferrol. En realidade, semella que nunca o houbo. En maio de 2015, cando moitos dos seus conflitos xa estaban enquistados, a cidade deu unha sorpresa relativa dentro dos ascensos das Mareas municipais na provincia. Radiografamos o acontecido daquela coa vista posta no 26M
O pleno aprobou unha moción do BNG, impulsada polo colectivo de presos e presas políticas na Ditadura, que contou tamén cos votos a favor de Ferrol en Común e PSdeG-PSOE. Ciudadanos abstívose e o PP votou en contra de retirar esta distinción, que fora concedida no ano 1965
A ministra de Defensa, Margarita Robles, anuncia a sinatura do acordo para a construción adiada polo Goberno de Rajoy para adaptalas aos mísiles do ex-ministro Morenés poucas horas antes de que se producise e durante un acto electoral do PSOE na cidade ferrolá.
Oscar Quant publica Bailando sobre el parqué, un libro que debulla a relación entre o baloncesto e os distintos xéneros e escenas musicais a través das anécdotas e historias persoais de figuras como Michael Jordan, Kareen Abdul Jabbar, Dirk Nowitzki, Pearl Jam, Mick Jagger, Ray Charles ou Prince.
O pasado 21 de marzo instalouse unha exposición con varios poemas realizados por alumnado de 4º de ESO. A denuncia dalgúns mestres ante a Consellería de Educación fixo que a Dirección do centro decidise retirar a mostra
A súa construción suporá un investimento de 4.300 millóns de euros ata o ano 2032. O pasado ano coñeceuse que o PP adiara o contrato para favoreca empresa que dirixira o ex-ministro Morenés, o que foi cualificado de "corrupción institucional" polas forzas da oposición en Galicia
Este venres manifestáronse en Ferrol despois de iniciar un peche no Concello. Din estar "defraudados" co Goberno central pola falta de avances no proceso de mediación. Na mobilización participou persoal de Navantia.
Os sindicatos denuncian que a empresa, que recibiu importantes axudas públicas, quere completar o proceso de deslocalización iniciado hai anos e no que investiu 55 millóns de euros nas súas plantas de Portugal e Polonia. 120 traballadores ven os seus empregos en risco