Folga xeral en Ferrolterra, Eume e Ortegal: o norte revólvese contra a ameaza dun "ermo industrial"
CIG, CCOO e UGT convocan o paro neste Día da Clase Obreira Galega "contra a asfixia económica, industrial e social" dunhas comarcas golpeadas pola crise da industria e que na última década perderon máis de 16.000 habitantes e uns 5.000 empregos.