Chega ao galego Wordle, un xogo para adiviñar palabras en aberto na rede
O Wordle é un sinxelo xogo para descrifrar unha palabra de cinco letras ao día na internet. En poucas semanas logrou converterse nun éxito de participación na súa versión orixinal en inglés. Desenvolvido polo enxeñeiro informático Josh Wardle, xa ten versión en castelán e agora en galego.