Os riscos asociados á COVID reabren o debate sobre o peche das granxas de visóns en Galicia despois de anos de denuncias
Dende hai anos Adega denuncia a "permisividade" da Xunta con estas instalacións, que máis aló dos novos perigos de contaxio do coronavirus, supuñan xa unha "bomba biolóxica" para a biodiversidade. En Galicia hai 25 granxas, o 80% das existentes en España, con máis de medio millón de exemplares