Cara á FP dual pola porta de atrás?
AGE denuncia a posta en marcha en Galicia do novo modelo de formación profesional, exemplificado no acordo da Xunta coa empresa Coremain, sen un marco normativo galego e sen ter en conta os órganos consultivos en materia de Educación. Os expertos cualifican de "irreal" a aposta por ese modelo, polas diferenzas entre as estruturas produtivas galega e alemá.