Cazoladas e ruído contra "a débeda ilexítima"
Milleiros de persoas maniféstanse en todo o mundo baixo o lema "Non debemos, non pagamos". Centos de cidadáns acoden á convocatoria en varias cidades de Galicia.
Milleiros de persoas maniféstanse en todo o mundo baixo o lema "Non debemos, non pagamos". Centos de cidadáns acoden á convocatoria en varias cidades de Galicia.
Para o Seminario Galego de Educación para a Paz a decisión "contribúe a desacreditar, aínda máis, o citado galardón entre a cidadanía". A entidade considera que a EU "non é o modelo de democracia xenuína que soñaron os seus fundadores e parécese máis a un estado fortaleza"
Un grupo de activistas e de candidatos de AGE realizan unha acción simbólica de ocupación e limpeza do predio compostelán. Acusan o alcalde Ángel Currás de levar a cabo "manobras dilatorias" que adian os traballos de rehabilitación do lugar.
Véspera de Nada, que lles presentou un documento de propostas ás formacións polítícas, agarda que o resto de partidos amosen o seu parecer sobre este asunto.
A Plataforma SOS Sanidade Pública expón aos partidos que concorren ás eleccións unha serie de propostas para afianzar o sistema sanitario. A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos convoca manifestacións o vindeiro luns "contra as políticas antisociais e regresivas que vén aplicando o PP".
O vindeiro 18 de outubro presentará o seu manifesto fundacional. Configurase como "espazo plural e sectorial para a mobilización contra as políticas de recorte" da Xunta e nace para conformar un polo alternativo con vontade de permanencia, pero sitúa os seus primeiros obxectivos nas eleccións e na convocatoria dunha folga xeral en novembro.
Preto de tres milleiros de estudantes maniféstanse en Galicia contra os recortes e a reforma educativa prevista polo Goberno central no 'Día de Loita Estudantil'. Os mozos censuran os axustes no ensino e as recentes palabras do ministro, que advertiu do obxectivo de "españolizar os alumnos cataláns".
Pertence a un colectivo cun 80% de paro, para o que a sociedade entende como solución de integración “comprar lotería”. A histórica activista Marita Iglesias, candidata de Equo na Alternativa Galega de Esquerda pola Coruña, introduce na campaña electoral o debate sobre a diversidade funcional, desde unha perspectiva inédita: a da investigadora que coñece a situación en carne propia.
Juan Gutierrez é investigador e asesor pola paz. Nesta entrevista realizada por Amador Fernández Savater analiza as estratexias do movemento de indignación: "empezas declarando inimigo ao de fóra e acabas buscando ao inimigo interno. Iso é o máis bonito do 15-M: é un espazo de vida compartida pero sen bordos duros cara a fóra"
A asociación de traballadores do servizo contra incendios da Xunta "lamentan" que Rajoy non incluíse a Higinio Vivas, falecido en marzo nun lume en Castrelo do Val, no acto de recoñecemento celebrado en Madrid
A plataforma Nunca Máis fai balance dez anos despois da catástrofe e, malia os avances nas políticas de seguranza e salvamento, destaca nun informe que os retrocesos e as eivas son aínda maiores.