A dereita gaña as eleccións alemás cun resultado histórico para a ultradereita
Os ultras de Alternativa para Alemaña capitalizan o descontento da crise e o discurso antiinmigración e logran dobrar os seus resultados nuns comicios que devolverán a conservadora CDU á chancelería, agora con Friedrich Merz. Os socialdemócratas do ata agora chanceler Olaf Scholz sofren unha debacle e caen ata a terceira posición, pero con case total seguridade compartirán goberno cos conservadores