A internacional reaccionaria fai bandeira do golpe ao Goberno de España en Ceuta
Media década despois da última vez que Marrocos abriu a fronteira para premer nas autoridades españolas, milleiros de migrantes volven ser empregados como arma xeopolítica. Pedro Sánchez define o sucedido como "un ataque á integridade territorial" aproveitando a doutrina do Supremo que impide as 'devolucións en quente' de migrantes que chegan polo mar