Rueda, sobre Irán e Estados Unidos: "As dúas partes teñen moitas cousas malas"
O presidente deixa no aire apoiar unha declaración institucional con BNG e PSdeG porque "non á guerra dicímolo todos" e nega que o PP faga "seguidismo" de Trump
O presidente deixa no aire apoiar unha declaración institucional con BNG e PSdeG porque "non á guerra dicímolo todos" e nega que o PP faga "seguidismo" de Trump
O chanceler alemán compartiu as críticas do presidente dos EUA ao baixo orzamento militar español mentres poucos países da Unión demandan priorizar a diplomacia. A Comisión, o presidente do Consello e Francia defenden que o Goberno español non pode sufrir represalias de Washington por non permitir utilizar as bases de Andalucía para atacar Irán
Os ataques estadounidenses e israelís contra Irán chegan ao seu sexto día, con máis dun milleiro de mortes e unha escalada que afecta a varios países e que ameaza con provocar unha crise enerxéctica e económica global. Falamos con Susana Mangana Porteiro, investigadora e docente na Universidade Deusto de Bilbao. Criada en Arrasate (Guipúscoa) pero de ascendencia galega, Mangana colabora co Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI).
A televisión pública iraniana confirmou na mañá deste domingo a morte do líder supremo, o aiatolá Alí Khamenei nos bombardeos de Estados Unidos e Israel contra a República Islámica.
O Exército israelí, que inicialmente informou dun "ataque preventivo", sinalou posteriormente que a ofensiva se produciu contra "decenas de obxectivos militares e levouse a cabo como parte dunha ampla operación conxunta e coordinada contra o réxime".
O 27 de febreiro de 1976, hai 50 anos, proclamouse a República Árabe Saharauí Democrática. Este sábado unha concentración en Vigo reivindicará o respecto ás resolucións da ONU na antiga colonia española, ocupada ilegalmente por Marrocos dende hai medio século. Tamén o fixo este venres o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, reunido no Concello de Santiago.
Seguro (66,8%) obtivo unha vitoria incontestable, co récord de apoios nunhas eleccións presidenciais. Porén, o líder de Chega, André Ventura, volveu rachar o teito da súa formación e celebrou un resultado que, dixo, o erixe en "líder" do "espaço não socialista". "Os portugueses colocaram-nos no caminho para governar este País", afirmou político de extrema dereita.
Poucos dubidan dun triunfo do socialista António José Seguro. Porén, os comicios do domingo servirán para medir a forza real da extrema dereita, de André Ventura, que podería superar o 30% dos votos. As eleccións pasaron a un segundo plano; do que se fala é da sucesión de borrascas que están impactando no territorio luso e que xa provocaron a morte de 12 persoas.