- Obituario
- Mundo
Isabel II, derradeira gran testemuña do poder no século XX
A descolonización, as tensións territoriais ou a entrada e saída do Reino Unido na Unión Europea son só algúns dos moitos fitos históricos acontecidos mentres Elisabeth II foi raíña, anos nos que a vida persoal dos membros da súa familia tamén ocupou abondosos titulares. O protocolo para os días posteriores á súa morte está milimetricamente detallado e tiña prevista a posibilidade de que morrese en Escocia, como así sucedeu. Prolóngase durante máis dunha semana