O Goberno de Uruguai propón a partición da Casa de Galicia entre outras mutualistas privadas coa oposición de socios e persoal
O presidente uruguaio, Lacalle Pou, comprometérase en outubro ante Feijóo a que o sanatorio fundado pola emigración galega en Montevideo hai máis dun século "seguirá existindo", unha opción que semella case desbotada.