
Mundo
Colombia: ás portas da paz?
O Igadi publica unha completa análise sobre o proceso de desarme iniciado no país e que o 8 de outubro sentará en Oslo a representantes do presidente colombiano e comisionados das dúas principais guerrillas: FARC e ELN.
Así pararon os estudantes de Quebec a suba das taxas universitarias
As folgas e manifestacións masivas que tiveron lugar dende febreiro impulsaron o Partido Quebequés a anular o incremento dos prezos nun 75% decidido polo anterior goberno liberal.
O Goberno portugués cede á presión da rúa e dá marcha atrás no recorte dos salarios
A decisión foi adoptada polo Consello de Estado nunha xuntanza que durou até a madrugada e que tiña milleiros de manifestantes ás portas. As sondaxes amosa unha forte caida do PSD do primeiro ministro Passos Coelho.
O IGADI reclama que o goberno que saia das eleccións do 21-O potencie a acción exterior
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional defende que debe ser entendida como unha "politica pública" e que Galicia debe resistir os intentos de recentralizar estas accións que ao seu xuizo se están producindo.
Obama-EUA: balance en 11S e ano electoral
O 6 de novembro celébranse as eleccións á Presidencia dos EUA, aínda a primeira potencia económica mundial e sen dúbida a única superpotencia militar. Xóganse hexemonías con consecuencias globais.
Os partidos soberanistas de Quebec, favoritos nas eleccións deste martes
O Partido Liberal, no poder, podería perder a metade dos seus escanos, nuns comicios nos que o Parti Quebecois é o gran favorito. Sumando os seus votos e os da Coalition Avenir (unha escición de centrodereita do PQ), o sobearismo podería sentirse o suficientemente forte para convocar un terceiro referendo de autodeterminación.
Angola elixe presidente, entre o crecemento económico e as acusacións de fraude
Todo indica que acadará a vitoria o actual presidente José Eduardo dos Santos, do MPLA, cualificado por The Guardian como "o autocrata africano que o mundo menos coñece". A UNITA, que en 2008 obtivo o 10% dos votos, denuncia irregularidades. Angola leva unha década de forte crecemento económico grazas ás exportacións de petróleo, porén neste tempo as desigualdades sociais non fixeron máis que aumentar.
Ano II da Primavera árabe: o inevitable ‘peso da realidade’
Arredalia, o boletín da Rede de Antigos Alumnos en Prácticas do IGADI, dedica o seu terceiro número ás revolucións no norte de África e no Oriente Medio, con análises de Susana Maceiras e Roberto Mansilla ou entrevistas aos profesores Ignacio Gutiérrez de Terán e José Abu-Tarbush.
Cuba sen modelo que imitar
Xulio RíosA demanda de Novartis contra a lei india de patentes fai perigar o acceso global aos medicamentos
O 22 de agosto o Tribunal Supremo indio comezará a examinar a demanda que podería ter un impacto devastador no acceso a medicamentos esenciais asequibles nos países en desenvolvemento. Médicos sen Fronteiras pídelle á farmacéutica que a retire.
Palestina xa é un Estado (na Unesco)
O blog Diario de Palestina celebra a incorporación na lista de sitios Patrimonio da Humanidade da igrexa da Natividade, en Belén, "un pulo importante cara ás reivindicacións palestinas"