Sabiades que?

Davide Castelo Fraiz

Davide Castelo Fraiz

Licenciado en Historia e Arquiveiro. Traballa con arte e antigüidades decorativas. Malvive arrodeado dunha chea de ácaros que naceron polos tempos do Rei Sol, habitantes dun mar de libros máis vellos que as tartarugas.

Pontevedrés porque alí o botaron ao mundo, santiagués cando quixo saber, vigués de tren e bus pra chegar á hora, barcelonés de sempre dicir merci a toda aquela boa xente. Hoxe enraíza a carón dunha fraga do Salnés. Non lle hai mellor lugar pra se deleitar no arcaísmo. 

  • Sabedes de onde vén a concepción do vilán megalómano na cultura popular?

    O vilán megalómano da ficción é basicamente alemán. Practicamente, calquera bo vilán cinematográfico, megalómano ou non, ten algo xermano, que automaticamente nos fai identificalo como malo. E tal concepción, aínda que poidades pensar o contrario, non bebe maioritariamente da época nazi. Hitler e a súa caterva foron a prefiguración en carne e ósos, real e descarnada, do vilán. Mais toda a morte e destrución que trouxeron ao mundo, estaba xa, previamente, na intuición popular

  • Sabiades como xurdiu o personaxe do Zorro?

    O Zorro fica hoxe no imaxinario colectivo da cultura popular de case todo o planeta. O que quizabes non sabiades é que foi un dos primeiros heroes de ficción da modernidade. E o primeiro vixilante enmascarado, seguindo a terminoloxía da banda deseñada americana

  • Sabiades que un pontevedrés foi xeneral de Napoleón?

    Chamábase Xoán de Kindelán e Oregón e deu a casualidade de que naceu na Boa Vila en 1755. Despois de moitos avatares acabou por ser xeneral de división do exército de Napoleón. Un dos seus descendentes, ademais, dirixiu o Exército do Aire franquista durante a Guerra Civil, aínda que se acabou enfrontando ao ditador.

  • Sabiades que Australia librou unha Guerra Civil contra os emús que ademais perdeu?

    En 1932, cando comezou a Guerra do Emú, había en toda Australia seis millóns e medio de poboadores humanos e probabelmente máis dun millón de poboadores emús. Ese ano, unha asoballante forza de vinte mil unidades de infantería emú saíu do pandemonio do Outback cara occidente, en dirección á rexión do Wheatbelt (Cinto de Trigo), que arrodea a cidade de Perth.

  • Sabiades da profundidade simbólica da Epifanía e dos Magos de Oriente?

    Ben sabemos que a mitoloxía e a relixión teñen unha carga de complexidade simbólica enorme. Non son contos chimpados ao chou. Artéllanse de propósito pra que sexan camiños á iluminación. Ou pra que arremeden unha iluminación, unha epifanía. E disto vai o día 6 de Xaneiro e mailos Magos de Oriente. De iluminación, de luz. Veredes canto

  • Sabiades destas dúas noitevellas nas que o mundo cambiou radicalmente?

    Foron dúas noitevellas recentes, dun século XX que xa quería ir indo. As dos anos 1991 e 1999. As dúas mudaron, dun xeito ou doutro, o rumbo da Humanidade. A primeira foi abrupta. Unha ruptura dramática do status quo. A segunda Noitevella é un bonus track da primeira. Ímoslle, logo, botar un ollo a esas dúas noites de fin de ano, a como se chegou a elas e que transcendencia tiveron. 

  • Sabiades que Papá Noel non viste de vermello pola Coca-Cola?

    É unha lenda urbana aínda bastante asentada. O de que foi a compañía norteamericana a que meteu ao cativador Santa nas roupaxes invernais vermellas con reberetes brancos, pra identificalo, á primeira ollada, coas súas cores de marca. Nada diso é verdade. O que si acadou a Coca-Cola foi a súa estandarización gráfica. E asociar pra sempre a súa bebida co Nadal, a través de Santa