Con distinto ritmo, ao longo das últimas semanas fóronse facendo públicos os organigramas dos concellos, que a lei obriga a ter listos como máximo 30 días despois da investidura dos alcaldes e alcaldesas
Unha vez investidos os alcaldes e alcaldesas o pasado 15 de xuño, a lei establece que “dentro dos trinta días seguintes ao da sesión constitutiva, o alcalde convocará a sesión ou sesións extraordinarias do Pleno da Corporación que sexan precisas” para aprobar cuestións como a periodicidade de sesións do Pleno, o nomeamento de representantes da Corporación nos órganos colexiados nos que deba estar representada ou informar dos seus nomeamentos de tenentes de alcalde, membros da comisión de goberno e delegacións de áreas de goberno, así como establecer os soldos e organización interna de cada Concello.
Con distinto ritmo, ao longo das últimas semanas os alcaldes e alcaldesas das sete cidades galegas foron facendo públicos os organigramas dos seus gobernos, que quedan así configurados:
Vigo
A amplísima maioría absoluta que ten Abel Caballero permítelle mesmo prescindir dalgún dos seus 20 concelleiros para que se dediquen á Deputación de Pontevedra e non tanto ao Concello
En Vigo a amplísima maioría absoluta que ten Abel Caballero permítelle mesmo prescindir dalgún dos seus 20 concelleiros para que se dediquen á Deputación de Pontevedra e non tanto ao Concello. A primeira xunta de goberno celebrouse ao luns seguinte á investidura como alcalde con este reparto de responsabilidades:
- Abel Caballero, alcalde
- Carmela Silva, primeira tenente de alcalde e área de Patrimonio Histórico
- Javier Pardo, segundo tenente de alcalde e áreas de Fomento ou Vías e Obras, Servizos, Limpeza, Transportes e Auga
- Elena Espinosa, terceira tenente de alcalde e áreas de Economía, Seguridade e Réxime Interior
- María José Caride, cuarta tenente de alcalde e áreas de Urbanismo e Territorio
- Abel Losada, áreas de Cultura, Emprego e Participación Cidadá
- Ana María Mejías, áreas de I+D e Dinamización Administrativa
- Carlos López Font, portavoz e coordinador do goberno local
- Jaime Aneiros, área de Facenda
- Manel Fernández, área de Deportes
- Yolanda Aguiar, áreas de Política Social e Candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade
- Patricia Rodríguez, áreas de Contratación, Patrimonio e Xestión Municipal
- Ángel Rivas, áreas de Parques e Xardíns, Comercio e Festas especiais
- Nuria Rodríguez, área de Medio Ambiente
- Gorka Gómez, áreas de Xuventude e Educación
- Uxía Blanco, áreas de Igualdade e Normalización Lingüística
- María Lago, áreas de Festas e Turismo
Os concelleiros Santos Héctor, Isaura Abelairas e Ana Laura Iglesias, sen área asignada, son tamén deputados provinciais, xunto con Carlos López Font, Gorka Gómez e Carmela Silva, esta última presidenta da institución.
A Coruña
Na Coruña Marea Atlántica e BNG garantiron a investidura da socialista Inés Rey con independencia do que pasase nas posteriores negociacións sobre o goberno local, que finalmente asumiu o PSdeG en solitario
Na Coruña Marea Atlántica e BNG garantiron a investidura da socialista Inés Rey con independencia do que pasase nas posteriores negociacións sobre o goberno local ou a organización do Concello. Finalmente tras asinar acordos programáticos con Marea Atlántica e BNG, a socialista gobernará en solitario con este reparto de áreas.
- Inés Rey, alcaldesa e áreas de Barrios, Seguridade Cidadá e Normalización Lingüística
- José Ignacio Borrego, primeiro tenente de alcalde e área de Deportes
- Yoya Neira, segunda tenente de alcalde e áreas de Servizos Sociais, Igualdade e Participación Cidadá
- Esther Fontán, terceira tenente de alcalde e áreas de Medio Ambiente e Sostibilidade
- Eva Martínez, cuarta tenente de alcalde áreas de Innovación, Industria, Emprego e Consumo
- José Manuel Lage, portavoz e áreas de Economía, Facenda e Réxime Interior
- Juan Manuel Díaz Villoslada, áreas de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade
- Jesús Javier Celemín, áreas de Educación, Cultura e Memoria Histórica
- Diana Cabanas, áreas de Turismo, Comercio e Festas, co Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
Ourense
O ex-alcalde Jesús Vázquez non terá ningunha área de goberno no bipartito de PP e Democracia Ourensana
En Ourense o bipartito de Democracia Ourensana e PP repartiu o pasado 26 de xuño as áreas de goberno, entre as que non figura ningunha para o ex-rexedor popular Jesús Vázquez, que compaxinará o seu posto de edil co de senador.
- Gonzalo Pérez Jácome (DO), alcalde e áreas de Servizos Xerais, Transparencia e Sistemas de Información
- Jorge Pumar (PP), tenente de alcalde e áreas de Medio Ambiente, Perímetro Rural e Cooperación Institucional
- Miguel Caride (DO), áreas de Infraestruturas, Augas, Mobilidade e Transportes
- Armando Ojea (DO), área de Recursos Humanos
- Mario González (DO), área de Cultura
- María Terresa Rodriguez (DO), áreas de Educación, Promoción Económica e Emprego
- Ana Isabel Rebanales (DO), áreas de Seguridade Cidadá e Comercio
- Sonia Ogando (PP), área de Urbanismo
- Eugenia Díaz (PP), área de Política Social
- Ana Fernández (PP), área de Facenda
- Mario Guede (PP), área de Deportes
- Flora Moure (PP), áreas de Participación Cidadá, Turismo, Termalismo, Xuventude e Voluntariado
Lugo
En Lugo PSdeG e BNG divulgaron antes da investidura o pacto de goberno e nos días posteriores foron conformando a estrutura do goberno
En Lugo PSdeG e BNG divulgaron antes da investidura o pacto de goberno e nos días posteriores foron conformando esta estrutura de goberno local:
- Lara Méndez (PSdeG), alcaldesa e áreas de Seguridade e Novas Tecnoloxías
- Miguel Fernández (PSdeG), portavoz e áreas de Deportes e Medio Rural
- Álvaro Santos (PSdeG), coordinador da área de Desenvolvemento Local Sostible
- Miguel Couto (PSdeG), área de Urbanismo Sostible
- Mauricio Repetto (PSdeG), áreas de Desenvolvemento Local e Emprego
- Ana González (PSdeG), coordinadora de Cohesión Social, áreas de Muller, Igualdade e Xuventude
- Olga López (PSdeG), áreas de Benestar, Inclusión e Terceira Idade
- Paula Alvarellos (PSdeG), áreas de Economía e Recursos Humanos
- Rubén Arroxo (BNG), primeiro tenente de alcalde e áreas de Mobilidade e Infraestruturas
- Maite Ferreiro (BNG), áreas de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua
- Cristina Fernández (BNG), áreas de Participación e Servizos para a Veciñanza (mercado e cemiterio)
- Alexandre Penas (BNG), área de Infraestruturas Urbanas
- Felipe Rivas (BNG), áreas de Educación e Difusión do Coñecemento
Pontevedra
En Pontevedra BNG e PSdeG divulgaron antes mesmo da investidura de Lores como alcalde o seu pacto de goberno e o reparto de áreas
O goberno local formado por BNG e PSdeG fixo público antes mesmo da investidura de Lores como alcalde non só o seu acordo de goberno senón tamén o reparto de áreas.
- Miguel Anxo Fernández Lores (BNG), alcalde
- Agustín Fernández (PSdeG), primeiro tenente de alcalde e áreas de Educación, Deportes e Saúde
- Anabel Gulías (BNG), Promoción da Cidade, Contratación, Xestión de Fondos
- Anabel Gulías (BNG), Promoción da Cidade, Contratación, Xestión de Fondos Edusi e Grandes Eventos Deportivos
- Xaquín Moreda (BNG), áreas de Urbanismo e Patrimonio Histórico
- Demetrio Gómez (BNG), áreas de Obras Urbanas e Transporte Público
- César Mosquera (BNG), áreas de Ordenación do Territorio e Infraestruturas
- Carme da Silva (BNG), Patrimonio Municipal e Auga
- Eva Vilaverde (BNG), área de Espazos Públicos Urbanos
- Raimundo González (BNG), áreas de Economía, Facenda, Persoal e Residuos
- Paloma Castro (PSdeG), áreas de Benestar e Igualdade
- Gloria Blanco (PSdeG), áreas de Promoción Económica, Turismo e Universidade
- Iván Puentes (PSdeG), áreas de Desenvolvemento Sostible e Medio Rural
Santiago
Investido como candidato máis votado sen lograr maioría, Bugallo está disposto a gobernar Santiago en minoría e ao luns seguinte da investidura xa repartiu as áreas de goberno
En Santiago o socialista Xosé Sánchez Bugallo foi investido alcalde por ser o candidato máis votado, pero sen lograr maioría. Malia a iso, está disposto a gobernar en solitario e ao luns seguinte á súa investidura xa fixo pública a composición do seu goberno:
- Xosé Sánchez Bugallo, alcalde e áreas de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Mercados
- Mercedes Rosón, primeira tenente de alcalde e áreas de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural
- Gumersindo Guinarte, segundo tenente de alcalde, Delegado do Ano Santo 2021 e áreas de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo
- Milagros Castro, terceira tenente de alcalde e áreas de Políticas Sociais, Saúde, Medio Ambiente, Parques e Xardíns
- Gonzalo Muíños, cuarto tenente de alcalde e áreas de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Festas
- Marta Abal, quinta tenente de alcalde e áreas de Economía, Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local
- José Manuel Pichel, área de Medio Rural
- Noa Díaz, áreas de Educación, Mocidade, Igualdade e Políticas Lingüísticas
- José Javier Fernández, áreas de Centros Socioculturais, Barrios e Obras
- Esther Pedrosa, áreas de Deportes e Benestar Animal
Ferrol
Ferrol foi a última cidade en ver repartidas as súas áreas de goberno, que serán asumidas en solitario polo PSdeG
A última cidade galega en ver repartidas as súas áreas de goberno foi Ferrol este venres despois de que, como na Coruña, o PSdeG confirmase que gobernará en solitario tras ser quen de chegar a acordos programáticos con outras formacións de esquerda pero sen integralas nun goberno conxunto.
- Ángel Mato, alcalde
- Antonio Golpe, primeiro tenente de alcalde e áreas de Cultura, Educación, Universidade, Deportes e Festas
- María Teresa Deus, segunda tenente de alcalde e áreas de Economía, Facenda, Patrimonio, Promoción Económica, Estatística, Fondos Edusi e Recursos Humáns
- Julián Reina, áreas de Urbanismo, Mobilidade, Vivenda, Rehabilitación, Contratación e Recursos Informáticos
- Germán Costoya, áreas de Seguridade, Tráfico, Mercados e Benestar Animal
- Eva Martínez, áreas de Benestar Social e Patrimonio Histórico
- Ana Lamas, áreas de Servizos, Obras, Medio Ambiente e Zona Rural
- Cristina Prados, áreas de Muller, Xuventude e Normalización Lingüística