O PP veta a condecoración ao bombeiro que se negou a desafiuzar a Aurelia Rey
Os votos dos conservadores tomban a iniciativa de AGE para distinguir o funcionario "que se colocou a carón das vítimas desta crise criminal", a quen o subdelegado do goberno propón sancionar xunto a Jorquera e dous edís coruñeses