Política
EU podería pechar o martes a fronte electoral de esquerdas
Convocou "de urxencia" o seu Consello Nacional para ese día, co obxectivo de aprobar a coalición e até ese día acelerarán os contactos coas distintas formacións políticas interesadas no proceso de converxencia. Segundo os estatutos de EU, o acordo e un programa de mínimos deben ser aprobados polas asembleas comarcais da coalición, que se celebrarían o mércores ou o xoves.
CxG reitera a oferta de pacto a Anova e convoca primarias para o 9 de setembro
As votacións, á espera da resposta da formación de Beiras, serían "abertas a militantes, simpatizantes e cidadanía en xeral"
Jorquera: "Feijoo méntelle á sociedade galega para tentar reter o goberno"
O candidato do BNG, que interveu esta mañá ante o Consello Nacional, presenta a súa formación como "un dique fronte ás desigualdades e a inxustiza, fronte ao centralismo e a perda de democracia, que impulse a economía produtiva para crear emprego".
200 afectados polas preferentes protestan ante Rajoy e Feijoo na apertura da campaña do PP
Unha forte presenza policial impediu que os manifestantes se achegasen aos dirixentes populares, pero os seus berros reclamando a devolución dos seus cartos e responsabilizando o Goberno central e galego do sucedido interromperon os discursos dos políticos.
E
Xaime Subiela
Jorquera replícalle a Beiras que "en Galicia xa hai unha fronte ampla de esquerdas: o BNG"
O candidato do Bloque critica que "non pode ser que as persoas que racharon a unidade agora pretendan erixirse en paladíns dela".
Un grupo de militantes de CxG pide desbotar as urxencias electorais e presentarse en solitario
Desbotan acordos con forzas estatais ou entrar en frontes que sexan un "maremagnum de siglas, de personalidades pretéritas do nacionalismo e de reivindicacións maximalistas" e apostan por un programa político "transformador" pero "nunca orientado á ruptura institucional nin a conflitividade social".
Pachi Vázquez encabezará a lista socialista por Ourense
O líder do PSdeG-PSOE foi designado candidato este sábado por aclamación no Comité Nacional do partido e mesmo presentou unha serie de compromisos para os 100 primeiros días de xestión se é elixido Presidente. É a primeira vez que unha persoa con opcións reais de Goberno opta pola provincia de Ourense para concorrer aos comicios autonómicos.
Un grupo de militantes mozos de CxG e Anova pide unha coalición entre as dúas forzas
Nun texto asinado polo de agora por unha vintena de persoas avógase por un acordo para acudir unidos ás eleccións, en termos semellantes á proposta formal que este xoves realizou Compromiso por Galicia.
Unidade de acción e programa común
Xosé Constenla
Non hai maiorías inocentes
José Luis Sucasas