Política
- Orzamentos 2027 O futuro do galego
- Política
Modificado o decreto da lingua no ensino: o galego volve ás ciencias só se marcha doutras materias
A 'lei de acompañamento' dos Orzamentos cambia a norma que regula o uso das linguas nos centros escolares 17 anos despois tras o pacto entre PP e PSdeG. A lingua deberá ser a mesma en cada bloque (de ciencias ou social) e só se permitirán "intercambios individuais" por materias de cada área en secundaria, pero mantendo o estrito equilibrio entre castelán e galego e mudando o idioma doutras se é necesario para mantelo.
Incumprimentos, sospeitas de amaño e agora risco de quebra: a Xunta atasca na mellora dos helicópteros do 061
Eliance, que xestiona as urxencias médicas aéreas do Sergas, entra en preconcurso de acredores logo de sancións reiteradas da Xunta, que non logra renovar o servizo tras quedar deserto un contrato que varias empresas vían orientado a un único fabricante
Un relato sobre o PSG: memorias dun “militante de aluvión” (IV)
Manoel Barbeitos
Entre canóns, papeis e caravelas: Eloxio do desatino institucional
Gonzalo Amoedo López
A dereita estatal tivo un galego de candidato en 10 das 16 xerais, pero só dúas veces foi presidente
Rajoy encabezou o PP cinco veces para ser presidente só en 2011 e 2016, mentres que Fraga fracasou en tres ocasións e Feijóo terá agora a súa segunda oportunidade
Fronte Ampla adía o anuncio das súas candidaturas en Galicia e celebra o acordo co PSdeG-PSOE no Senado
Fronte Ampla atrasa "uns días" a comunicación das súas listas para o 29N "para axustar a comunicación das distintas forzas da coalición". "Todo está acordado pero imos facelo de forma conxunta", di Paulo Carlos López
90 empregados mergúllanse en 66 toneladas de papel en Bos Aires á procura de votantes da 'lei de netos'
O maior consulado de España no exterior, o da capital do país que aglutina máis de 180.000 inscricións no CERA das circunscricións galegas, advirte de que o Supremo terá que decidir quen vota utilizando datos parciais
Beiras en libros: unha homenaxe á desobediencia
Repasamos as obras que o propio Beiras publicou na súa intensa traxectoria e as que outros lle dedicaron. Textos polos que pasa a política, a análise económica e os cambios sociais de Galicia das últimas décadas, páxinas nas que agroma a rebeldía, a desobediencia, as chamadas á acción. O legado en palabras de Xosé Manuel Beiras.
Xosé Manuel Beiras, un ronsel de liberdade
Encarna Otero
A Xunta terá en 2027 máis de 15.000 millóns por primeira vez grazas á alza de impostos recadados
O Consello do Goberno galego aproba os Orzamentos Xerais do ano vindeiro, cun importe récord por sétimo ano consecutivo "pola boa marcha da economía e do emprego" e cuxos detalles serán públicos o luns vindeiro, cando entren no Parlamento. O proxecto inclúe tres novas rebaixas de impostos tras deixar de recadar por esta vía 2.100 millóns na primeira metade da década
- Datos Cara ao 29N
- Política
A caída de electorado mozo frea en Galicia cara ás xerais do 29N
O grupo de votantes menores de 35 anos medra un chisco tras dúas décadas de caída continua e sitúase na contorna das 370.000 persoas nun censo no que o grupo con máis peso segue a ser o de maiores de 65. Case 78.000 mozas e mozos poden votar por primeira vez nunhas xerais en Galicia por faceren 18 anos dende as anteriores, as de xullo de 2023.