Pontón promete un seguro público para garantir "rendas dignas" e manter o emprego no sector marisqueiro
Garantir as rendas dignas para as persoas mariscadoras e evitar así a descapitalización do sector. A creación dun seguro público para as traballadoras e traballadores do sector marisqueiro foi unha das principais medidas propostas por Ana Pontón durante unha reunión mantida con profesionais deste eido na Illa de Arousa.