Rajoy fai campaña nun centro de maiores da Xunta en Santiago
A Consellería de Política Social di que os centros sociocomunitarios "son instalacions abertas a todo o público"
A Consellería de Política Social di que os centros sociocomunitarios "son instalacions abertas a todo o público"
No ecuador da campaña repasamos algunhas das imaxes máis significativas da carreira ás urnas desde que Rueda convocou os comicios a finais de decembro
Quedan oito días para as eleccións do 18F, uns comicios máis abertos do que hai apenas un mes se podía pensar e nos que, por primeira vez en 15 anos, a maioría absoluta do PP está no aire. Na media das enquisas publicadas, o PP móvese ao redor dos 39 escanos, baixando lixeiramente na última semana, o BNG sobe dende 20 ata 21 ou 22, mentres que o PSdeG se estanca nos 14 e mesmo podería perder un deputado; Sumar afástase do Parlamento e DO sitúase no límite de obter representación.
Nunha "emocionante" conversa de "reencontro", a candidata do BNG agradece a "contribución ao cambio" que supón o apoio de Anova ao Bloque nun contexto no que "moi poucos votos" poden decantar a presidencia, advirte. Beiras apela ao "pobo que leva loitando moito tempo" en diversas mobilizacións. "Hai que ir votar, que ninguén pense que o seu voto non é importante, é decisivo" se se "concentra" no Bloque. "O nerviosismo do PP é directamente proporcional á posibilidade real de cambio", mantén Noriega.
A Corporación recorreu a amoestación que lle fixo a Xunta Electoral Galega por reducir o tempo de campaña co argumento de que os seus "principios xornalísticos" son emitir informacións máis curtas, pero a Xunta Central desbótao e lembra que en 2020 organizou cinco debates fronte a un único agora.
Salvador Illa, ex-titular de Sanidade, acompaña a Besteiro en Ourense, onde entraron nunha cociña a facer orellas de Entroido. Félix Bolaños, Pilar Alegría, Diana Morant ou Luis Planas acoden tamén á campaña galega antes do mitin deste sábado en Vigo con Pedro Sánchez.
O candidato popular anuncia un centro autonómico de acollida de animais, actividade que ata agora viñan realizando os concellos
Correos admitiu 62.831 solicitudes, fronte ás 77.057 de hai catro anos, cando se bateu o récord de voto por correo nunhas eleccións celebradas en xullo e durante a pandemia de COVID. En cambio, o número de solicitudes dispárase en relación aos comicios de 2016, os últimos celebrados en condicións normais
A restrición das concesións incluída na Lei de Costas foi avalada polo Constitucional fronte a un recurso da Xunta que quería amplialas, e agora o Supremo tomba o decreto que desenvolvía a lei por un defecto de forma pero sen entrar a xulgar os prazos
O BNG aposta pola creación dun centro de reparacións do naval na ría de Vigo e recupera así unha proposta histórica do sector, que hai tempo que ve na reparación unha vía de ingresos imprescindible para a supervivencia dos estaleiros.
Tras a aprobación das contas en Vigo e A Coruña a finais de ano e en Lugo e Santiago nos últimos días, Pontevedra vén de encarreirar as súas ao non presentar a oposición unha moción de censura un mes despois da moción de confianza formulada por Lores