Política
A Xunta Electoral Central abre expediente a Pedro Sánchez polo electoralismo da súa visita a Navantia
A Xunta Electoral Galega só amoestara ao socialista por ver os feitos puntuais, pero o a central corríxea lembrando que Sánchez xa fora sancionado en anteriores comicios. Un día antes tamén decidira abrir expediente por reiteración ao PP.
- Documento 18F Eleccións galegas
- Política
Rueda reinterpreta a auto-censura como presidente: "non pode" falar da súa ausencia no debate de RTVE pero si de Sánchez
A Xunta Electoral criticou unhas declaracións electoralistas que fixo nun Consello da Xunta sen prohibir que poida contestar outras preguntas sobre o 18F, pero o popular asegura que o ten vetado e a continuación contesta e cala ante dúas cuestións distintas
Absolto de prevaricación o ex-alcalde de Baiona do PSOE por quitarse multas tras retirar a Fiscalía a acusación de falsidade
A Audiencia de Pontevedra di que "o seu deber de abstención era incuestionable" pero pide "distinguir a ilegalidade do acto administrativo" do delito de prevaricación, que esixe unha inxustiza "clamorosa"
Rueda pide tren "decente" en Lugo aos quince anos de que Feijóo prometese ligalo co AVE "cos cartos da Xunta"
"Despois xa lle pasaremos a factura [ao Goberno de España], pero a Xunta fará o AVE entre Lugo e Ourense", prometeu o PP o 10 de xaneiro de 2009 no marco da campaña que Rueda dirixía. Tras diversas demoras, o Estado ten actualmente en marcha as obras de mellora da liña ferroviaria entre Lugo e Ourense, que inclúen a súa electrificación. Na mesma xornada, Rueda recupera cara ao 18F a Autovía da Costa da Morte, prometida no Plan Galicia, pero agora cun só carril por sentido
Os 'pellets' volven á campaña tras achegar o Estado datos que deitan máis dúbidas sobre a xestión da Xunta
O ministro de Transportes, Óscar Puente, comparece a petición do PP no Congreso e cualifica de "calamitosa" a xestión do Goberno galego, insiste en que foi informado desde o principio do vertido e asegura que activou e desactivou o 3 de xaneiro a alerta que acabou por comunicar dous días despois.
A Comisión Europea cede e desmonta medidas clave para reducir a contaminación do agro
A presidenta Von der Leyen, do PP europeo, retira por sorpresa a revisión da directiva de pesticidas e a oposición a acusa de tratar de gañar o voto rural
- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política
A manifestación contra o galego aparéceselle a Rueda en campaña 15 anos despois
O 8 de febreiro de 2009 o agora presidente e candidato encabezou a comitiva do PP na manifestación dun colectivo que sinalaba ausencia de "liberdades" en Galicia por unha suposta "imposición" do galego. Pontón volveullo reprochar no debate da CRTVG, tras o que o PP busca virar a campaña para tentar contrarrestar a boa valoración cidadá da candidata do BNG con alertas sobre radicalidade ou "totalitarismo". O modelo que o Bloque leva no seu programa foi pactado por colectivos educativos e sindicatos hai catro anos, baséase no galego como lingua vehicular e, salienta Pontón, ten como finalidade "que o ensino garanta algo básico: que todo o mundo saiba as dúas linguas"
Votar pola 'Galicia destroyer'
Pedro Alonso Iglesias
O tratamento informativo do 18F indigna persoal da CRTVG por "calcar o argumentario do PP"
O comité denuncia a cobertura do debate electoral por "disfrazar de información unha columna de opinión que debería asinar o Partido Popular" e "arroupar sen disimulo a Alfonso Rueda". A representación laboral aclara que "a inmensa maioría" dos traballadores "non é responsable da infamia e vil manipulación" nos medios públicos.
Pontón e Besteiro ratifican a súa asistencia ao debate de RTVE malia á ausencia do PP
A candidata do BNG insta a Rueda a "deixar de esconderse" e coida que, "se cadra, non ten programa nin ideas que contrastar". O aspirante do PSdeG ve acreditado que o PP "non dá a cara nin ten proxecto para Galicia"
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil informa contra a cidade deportiva do Celta por non garantir o abastecemento de auga
O ente estatal emite un pronunciamento "desfavorable" ao plan co que a Xunta quere impulsar o proxecto urbanístico da familia Mouriño