Política
A Xunta corrixe mes e medio despois erros nos Orzamentos que eximían de taxas a algúns barcos e impedían o Banco de Explotacións agrarias
A anterior redacción obviaba as embarcacións por baixo de determinadas esloras e establecía o paradoxo de que a inclusión no Banco agrario se realizase “por solicitude das persoas interesadas cuxa explotación estea incluída no Banco”
- Documento
- Política
O Supremo obriga a Xunta a pagar a multa da UE polo atraso das depuradoras de Vigo e Ribeira e rexeita o seu intento de culpar os concellos
O Consello de Ministros repercutiu nas autonomías parte da multa europea de 32 millóns e cifrou en 4 millóns o que debía pagar Galicia, o Goberno galego recorreu e agora o tribunal rexeita os seus argumentos, entre eles que fora responsabilidade local
Feijóo anuncia o remate da Cidade da Xustiza de Vigo, cuxas obras pasaron de 27 a 43 millóns e tardaron o dobre do previsto
O presidente salienta a remodelación do antigo hospital xeral, iniciada hai catro anos, nun acto ante empresarios no que reclamou ao Goberno de España “máis axilidade” e mellor xestión dos fondos europeos
A Valedora volve pedir á Xunta avances contra o acoso laboral na administración
O Goberno galego segue sen aprobar un protocolo para o persoal da Xustiza seis anos despois de facelo para o da administración xeral, onde tampouco é quen de cumprir cos prazos para resolver os casos que ela mesma se deu
De vitoria en vitoria, até a derrota final
Xoán Hermida
BNG e PSdeG recriminan o relativismo de Feijóo ante as investigacións de abusos na Igrexa
O presidente da Xunta vén censurando que se investigue "só á Igrexa" mentres o arcebispo de Santiago, na liña do Vaticano, apoia as pescudas
Adif aínda non planificou o cambio da rede ferroviaria galega ao ancho internacional e abre a porta a que non se produza
O xestor ferroviario salienta que o ancho ibérico actual é considerado pola UE “interoperable” co resto da rede europea e deixa en mans das empresas privadas mercar trens de pasaxeiros de alta velocidade que poidan circular por Galicia
Feijóo censura tratar con "criterio político" o posible traslado de Ence tras incluílo dúas veces no seu programa electoral
O presidente da Xunta e do PP en Galicia reduce a controversia pola permanencia de Ence na ría ao "punto de vista estético" mentres o Supremo ditamina se avala ou non as tres sentenzas da Audiencia Nacional que anularon a prórroga concedida polo Goberno de Rajoy para que a pasteira continuase nos terreos públicos da ría de Pontevedra
Pérez Jácome e Núñez Feijóo
Xoán Antón Pérez-Lema
O PP logra seguir no goberno do seu feudo de Castela e León, agora nas mans da extrema dereita
A operación deseñada pola dirección do PP para pasar da coalición con C's a un Goberno en solitario que reforzase a Casado e enfraquecese a Sánchez acaba cos populares nas mans dun socio máis forte e á alza, a extrema dereita de Vox, nunha agre noite electoral para a esquerda. Feijóo, que se implicou activamente na campaña do PP, considera que Castela e León "elixiu a xestión" do PP e "seguirá co mellor presidente", sen mención á obrigada alianza para reteren o poder
A Audiencia Nacional ratifica a sanción ao ex-fiscal xefe de Ourense por "abuso" do cargo para vivir nun piso alugado pola Xunta
Florentino Delgado “comprometeu a imaxe do Ministerio Fiscal” e, interesado en “manterse no uso da vivenda” e “malia ao claro conflito de intereses”, dirixiu unha causa penal contra a alto cargo do Goberno galego que instaba o seu desaloxo