Política
O PP bloquea a investigación sobre Altri e suxire que dimitan Pontón e Besteiro
Os populares impiden a pescuda política sobre as "actuacións da Xunta no proxecto da macrocelulosa" solicitada polo BNG e apoiada polo PSdeG. Pontón esgrime razóns como a necesidade de coñecer o pacto secreto do Goberno galego coa empresa e o voceiro do PP di desexar que "se poida facer pública a documentación" para "acreditar" que nacionalistas e socialistas menten. "Tamén coñece o seu contido?", retruca a líder do Bloque
Rueda pide "antecedentes de imparcialidade" para apoiar o adxunto á Valedora que propoña o BNG
O presidente rexeita o profesor de dereito Fernando de Abel Vilela e apela ao "consenso" logo de que o BNG xa apoiase a súa proposta de continuidade de Dolores Fernández Galiño como Valedora
A segunda condena á CRTVG por represaliar persoal crítico: "Supón un antes e un despois"
A sentenza do TSXG contra a corporación dos medios públicos galegos amplía a protección de dereitos do cadro de profesionais alén dos conflitos laborais e esténdea ás protestas contra a manipulación: "Limita o poder absoluto que crían que tiñan". A agora denominada CSAG disponse a recorrer no Supremo
O primeiro conselleiro de Cultura con Feijóo: "Eu apoiaba o galego como lingua oficial, niso non coincidiamos"
O meañés Roberto Varela reflexiona sobre a súa traxectoria nunha entrevista con 'La Voz de Galicia' na recta final dunha longa carreira diplomática que tivo como paréntese ser membro do Goberno da Xunta de 2009 a 2012, cando o PP retornou ao Executivo asumindo como propio o discurso dunha suposta "imposición" do idioma
A Galicia dual e o cambio posíbel
Xoán Antón Pérez-Lema
A Xunta aínda non sabe que facer con Galicia Calidade no turismo
O Goberno galego encarga a unha consultora que lle diga como reestruturar a empresa pública un ano despois de estender ao turismo o uso dunha marca creada en 1990 para produtos e coa que o Goberno de Rueda gaba tamén a súa propia acción política
Conferencias de "sensibilización": a resposta da Armada ás catro agresións sexuais na escola de Ferrol
Tras desvelar Praza.gal a reiteración de condenas por agresións sexuais, o Ministerio de Defensa responde no Congreso, a preguntas de Sumar, que entre 2021 e 2025 impartiu 21 conferencias a 3.400 asistentes
Madrid e Lisboa priorizan a colaboración contra o cambio climático
Ante os incendios ou as borrascas o primeiro ministro conservador portugués di na XXXVI Cimeira Ibérica que "a seguridade climática non ten que ver coa dereita ou a esquerda senón con protexer a cidadanía"
Besteiro procura unha declaración unánime de "non á guerra" no Parlamento
O secretario xeral do PSdeG propón unha declaración institucional que reclama "o cesamento das hostilidades" tras o ataque dos EUA e Israel a Irán e defende a posición do Goberno de España ao respecto. O texto reclama "respecto ao dereito internacional", expresa "solidariedade coas vítimas civís" e tamén apoia o envío dunha fragata a Chipre "para contribuír á defensa e á estabilidade da zona"
Política cultural nos concellos: manual de instrucións
A área de Cultura da Deputación da Coruña presenta o 'Manual para políticas culturais' dirixido a persoal técnico, responsables políticos e axentes do sector no marco da iniciativai 'A cultura é un dereito'
O Parlamento acredita que o candidato do BNG a 'vicevaledor' vetado polo PP cumpre os requisitos legais
A Mesa da Cámara validou que a proposta do profesor Fernando de Abel como adxunto á Valedora do Pobo se axusta ao marcado na norma na mesma xornada en que o PP anunciou que se dispón a rachar o pacto co Bloque por ser o aspirante dirixente de Adega