- 📺 Entrevista | Ana Pontón
- Política
"Abrimos unha fenda ao PP que se vai verificar nas próximas eleccións cun goberno do BNG"
Ana Pontón vén de facer dez anos como portavoz nacional do BNG. Encabeza a oposición á fronte dun grupo parlamentario catro veces máis amplo que o logrado daquela. Ante o avance global das dereitas di estar convencida de que cómpren "políticas valentes" e de que, no caso galego, en torno a un Bloque "que non ten teito" existe xa unha "nova maioría que quere políticas alternativas" ás dun PP que, sostén, só lle resta facer "propaganda para ver se convence de que vai facer o que non fixo en 20 anos". Conversamos con ela sobre estes anos, a situación política do país e do Estado e asuntos clave como a vivenda, a transición ecolóxica ou a industria tras o fracaso de Altri