Sanidade procura que máis poboación acceda a operarse na privada
Todas as áreas sanitarias asumen a obriga de "diminuír a porcentaxe de pacientes en espera non estrutural en rexeite a centro concertado" nos seus acordos de xestión para 2026. As persoas que se negan a esta derivación son incluídas na chamada lista de espera "non estrutural", cuxas cifras non son públicas